Qualla Boundary

Coordenadas: 35°30′N 83°16′O / 35.500, -83.267

Sinal de entrada do territorio.
Centro de Artes e Oficios en Qualla Center, en Cherokee, Carolina do Norte.

O Qualla Boundary (ou The Qualla) é o territorio federalmente recoñecido onde reside a banda oriental de indios cherokee, que se atopa no oeste de Carolina do Norte. A área forma parte do territorio histórico dos cherokee. O territorio non é tecnicamente unha reserva india, xa que a terra non foi "reservada" polo goberno federal senón que foi mercada pola tribo na década de 1870 e posteriormente estivo baixo protección federal.[1][2] Os individuos poden mercar, posuír e vender a terra sempre que sexan membros da tribo da banda oriental cherokee.

  1. "History & Culture". Eastern Band of Cherokee. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2015. Consultado o 15 de abril de 2015. 
  2. Qualla Boundary, NCPedia.org (consultado o 15 de abril de 2015)

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search